Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

SUPERMERCADOS AQUIE PRESENTES EN XANTAR 2013 CUN NOVO PRODUTO

28 febrero, 2013

Do 6 ao 10 de marzo ten lugar en Ourense, Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, unha feira que alcanza o súa décimocuarta edición e que consagra miles de persoas transformando o recinto de Expourense nun gran centro de restauración.
Catro anos despois de presentar nos supermercados Aquié a sorprendente proposta do QFH, sección na que se pode elixir cada día un menú diferente e valorado nutricionalmente por expertos que garanten unha dieta equilibrada ao longo de todo o ano, o Grupo Cuevas amplía agora a súa singular oferta alimentaria cos novos sándwichs nutritivos de cociña. Esta nova gama que chega o día 4 ao mercado, é o resultado de varios anos de probas e investigación ata conseguir un produto saudable, rico e co nivel calorífico preciso para complementar as comidas lixeiras do día, e no que a elección do pan é unha característica destacada que se coidou con especial esmero.
Os sándwich preséntanse nunha ampla variedade de combinacións novidosas que se renovan dúas veces por semana, e que se moven entre opcións tan suxestivas como a de lombo con verduras (con cabaciño, tomate e cebola), o de dous queixos (con xamón cocido, cheddar e gouda), o de xamón e queixo (con xamón cocido, queixo para untar, queixo manchego e xamón montañés), ou o de bonito (con bonito, tomate, oliva verde e ovo). Todos os ingredientes son especialmente seleccionados na cociña, sen conservantes nin colorantes, e envasados nunha atmosfera protectora que preserva todas as súas calidades para o consumo durante varios días.
A diferenza do que adoita ser habitual neste tipo de oferta, a coidadosa elección do pan exclusivo para este produto contribúe decisivamente á diferenciación e a exquisitez do sándwich, e a incrementar as súas calidades beneficiosas. Sobresae a opción do delicioso pan polar, orixinario de Suecia, cunha textura especialmente apta para combinar, plano e suave. A oferta complétase con pan integral -con ou sen codia- e pan normal.
Esta nova proposta do Grupo Cuevas será presentada no posto que instalará a firma ourensana no salón de Xantar, onde poderán degustarse ao mesmo tempo que os menús do QFH. As dúas propostas facilitan a posibilidade de acceder a un novo modelo de alimentación sa, saborosa e cómoda, co aval de expertos en nutrición e acreditados cociñeiros galegos que responden das súas propiedades, os seus beneficios e o sabor tradicional da cociña atlántica.
Ademais, dentro do VIII Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde, o mércores día 6 ás 14:00, Victoria Solla, responsable de Calidade de Villasenín S.A. – Grupo Ruta Jacobea, falará sobre "Sandwich, cociña sinxela e de calidade".
Coñecer programa das xornadas:

Saber máis sobre a feira: