Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

PLENUS CAÑIZA REABRE AS SÚAS PORTAS

2 diciembre, 2020

O xoves día 3 de decembro, reabre as súas portas como Plenus o supermercado Aquí que Grupo Cuevas ten, desde o ano 2003, na Cañiza. A reforma deste local de máis de 600 metros cadrados, ao que destinou case dous meses de traballo, dá un maior protagonismo ao espazo de frescos, poñendo o acento nas seccións con venda asistida nas que o Grupo Cuevas destaca, como son a peixaría, a frutería, a carnicería e, como novidade, unha desenvolvida sección de panadería con especial atención a referencias de produto do día e de proximidade.
Situado no mesmo lugar que ocupaba, no número 4 da Rúa Silleda da Cañiza, o supermercado amplía a súa variedade e alcanza as 4.000 referencias ademais de contar cunha implantación que presta especial atención á marca branca propia SPAR, o referente europeo de alimentación que Grupo Cuevas comercializa en exclusiva en toda Galicia.
A tenda, que será atendida por un equipo de 16 persoas, dará servizo en horario ininterrompido, de luns a sábado, desde as 9.15 horas ata as 21.30 horas.
Plenus A Cañiza contará tamén con máis metros de lineal destinado ao produto refrixerado e un novo mural de frío que permitirá un crecemento substancial do número de referencias a ofertar ao cliente. Como toda a rede Plenus, e na procura da sustentabilidade e a eficiencia, o transformado supermercado da Cañiza incorpora etiquetas electrónicas nos seus lineais. Este equipamento aumenta a facilidade de compra e a comodidade do cliente, e achega maior axilidade ao servizo.
Do mesmo xeito que o resto de tendas da rede Gústame Ir ao Súper (Aquié e Aquí), está adaptado a todos os protocolos e medidas de prevención para evitar o contaxio e propagación da Covid-19 e contará con carros cesta con asas antibacterianas que se incorporaron coa finalidade de facer da tenda un espazo máis seguro para a compra.
Con esta remodelación, xa son 13 supermercados os que operan baixo esta insignia en toda a comunidade, e 19 en total en toda a rede de centros propios.