PEPE RODRIGUEZ REI, PREMIO NACIONA DE GASTRONOMÍA, NO FORO DA CASTAÑA
18 junio, 2012
O luns 18 de xuño, de 19:00 h a 20:00, no centro cultural da Deputación, Pepe Rodríguez, premio nacional de Gastronomía ao mellor cociñeiro español, falaranos sobre "Por que os produtos humildes conquistan a alta cociña. A cociña pobre é agora gastronomía exquisita".
Pepe Rodríguez Rey é o mellor exemplo de como a cociña con produtos humildes, que en tempos eran o único recurso para saciar a fame, entrou nos pratos dos grandes xefes de cociña. Premio nacional de Gastronomía en 2011, como mellor xefe de cociña español e Premio Xefe de cociña Millesimé. Distínguese por ser un xefe de cociña elegante e harmónico. O seu restaurante El Bohío, en Toledo, captou o interese dos prestixiosos críticos gastronómicos do mundo pola súa fusión entre a cociña creativa e a cociña tradicional. Posúe unha estrela Michelín dende 1999. Curtido cos grandes da cociña como Berasategui, Jean Luc Figueras ou Ferrán Adriá, El Bohío é hoxe un centro de aprendizaxe obrigatoria para as novas xeracións de cociñeiros.
Pepe Rodríguez Rey elaborará en directo os seus pratos con castaña.
Ver imagen
Dossier de prensa