Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

O SABOR DO ENTROIDO NA TÚA CASA

3 febrero, 2021

Aínda que este ano non vaiamos poder saír á rúa en comparsa para gozar do noso tradicional Entroido, non queremos deixar de saborear a parte que si podemos celebrar, na casa. A gastronomía típica destas datas está xa dispoñible na nosa rede de supermercados Gústame ir ao Súper. Todo o que necesitas para un delicioso cocido de Entroido e, por suposto, unha sobremesa á altura, cos ingredientes para a elaboración dunhas ricas filloas e, se o prefires, unhas doces orellas de entroido.
E para poñer a guinda á comida, sorteamos ademais 15 filloeiras eléctricas para que a túa sobremesa triunfe.
Ti decides se as queres soas ou recheas dalgún doce como o mel, a nata ou mesmo o chocolate!!
Participa nesta promoción nos nosos supermercados Plenus e Aquí.
Con compras superiores a 10 euros entregarémosche unha papeleta para entrar no sorteo. Podes participar todas as veces que queiras.
Máis información sobre a promoción nas bases legais.
Ver imaxe

Ver bases legais