MARRON GLACÉ CUEVAS NO PROGRAMA SOPA DE FESTA (TVG)
10 noviembre, 2014
A castaña, outro dos productos estrela do outono, será esta noite a protagonista dunha nova edición do programa da Televisión de Galicia "Sopa de Festa".
Desde o campo á mesa será a temática das reportaxes que poderán ver hoxe os espectadores galegos. Deste xeito, o equipo de reporteiros de “Sopa de Festa” visitou a vila de Riós, en Ourense, unha das zonas con máis produción de castañas, para percorrer os fermosos soutos onde se cultivan e tamén falar cun produtor da zona sobre a campaña deste ano.
Alí mesmo, en Riós, a audiencia tamén descubrirá que algunhas carnes exóticas á grella, como serpe, cocodrilo ou búfalo, poden ter como acompañamento perfecto no prato unhas boas castañas.
Por outro lado, o equipo tamén visitou a fábrica de marron glacé, un produto diferente e exclusivo que se leva elaborando en Ourense desde hai máis de tres décadas.
Ver programa completo