Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS REÚNE AOS DEPORTISTAS OURENSANOS QUE FIXERON HISTORIA

24 abril, 2014

Seis dos máis destacados deportistas ourensanos de todos os tempos estarán presentes nunha exposición conxunta promovida polo Grupo Cuevas no seu supermercado Aquié (Cale Doutor Fleming Nº30, Ourense), na que se poderá coñecer o historial, parte do equipamento utilizado e algúns dos galardóns que os distinguiron entre os mellores da súa especialidade.
Nesta exposición, na que colaborou o Consello municipal de Deportes de Ourense, están representados destacados campións do deporte minoritario como Dani Pérez (ximnasia de trampolín), Juan Daniel Feijóo (halterofilia), Ivan Salgado (xadrez), Alejandro Fernández (atletismo), Marta Míguez (lanzamento de xavelina) e o kickboxer con Cipri Gómes.
Con esta iniciativa, aberta a todo o público, o Grupo Cuevas avanza no seu obxectivo de facilitar o coñecemento e o acceso a distintas actividades destacadas dende unha perspectiva diferente e nun lugar tan especial como é un supermercado, polo que tamén propicia os seus clientes unha compra entretida e proveitosa. O desenvolvemento deste concepto é unha das razóns que lle valeu á marca Aquié o recoñecemento en 2009 como unha das seis tendas máis innovadoras do mundo.
Ler noticia