Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS EXEMPLO DE INNOVACIÓN NA CEO

4 abril, 2014

Onte celebrouse na Confederación de Empresarios de Ourense unha iniciativa adicada á innovación que estivo dirixida ás firmas locais e tamén aos estudantes do máster de creación, dirección e innovación na empresa que imparte a facultade de Empresariais, centro que tamén organizou o evento.
Para coñecer algunhas claves sobre como innovar e saber que camiño seguiron algunhas empresas, a xornada contou coa participación de catro directivos, dous de Ourense e outros dous de Alicante. Pola parte local Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas e Argimiro Levoso, xerente de Cooperativa do Ribeiro, foron os encargados de dar exemplo.
Ver noticia