GRUPO CUEVAS ESTREA UNHA APLICACIÓN DESEÑADA NO CAMPUS DE OURENSE
30 noviembre, 2012
O sistema loxístico, financiado no marco do Plan Galego de I+D+i Incide, foi presentada este venres na sede de Grupo Cuevas por Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo; Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas e Víctor Lorenzo, director de Tecnoloxía do Grupo Cuevas.
O novo sistema está deseñado para planificar as rutas loxísticas e para optimizar as vendas. Foi realizado co Grupo de Sistemas Informáticos de Nova Xeración da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense, con Florentino Fernández e Juan Francisco Gálvez á cabeza, durante os últimos tres anos.
A aplicación permite que os comerciais poidan optimizar o seu tempo e evitar quilómetros inútiles deseñando a mellor ruta dependendo das necesidades de cada cliente e os horarios que mellor lle van para atender ao vendedor, tamén facilita información ao comercial sobre establecementos que poden converterse en clientes potenciais dentro desa ruta. Ademais, tamén axiliza as rutas loxísticas de entrega e as recalcula en tempo real en casos de calquera incidencia, como estradas cortadas.
Con tan só un mes de funcionamento, o sistema xa supón un importante aforro en custos como o do combustible ademais de facer máis cómodo e efectivo o traballo dos comerciais.
Ampliar información