GRUPO CUEVAS ESTARÁ PRESENTE NO SALÓN XANTAR 2021
6 octubre, 2021
Grupo Cuevas abandera unha nova edición do Concurso Gourmet que se desenvolverá no marco de actividades do 22º Salón Internacional de Turismo Gastronómico “ Xantar” que este ano terá lugar do 3 ao 7 de novembro en Expourense.
No IX Concurso Gourmet Grupo Cuevas, impulsaremos fortemente o emprego da castaña que chegará ás cociñas do “Aula Gastronómica Covas” en “ Xantar” da man das elaboracións que se presenten por parte dos participantes finalistas en cada unha das categorías que se habilitaron para tal fin: profesionais, semiprofesionais e afeccionados á cociña. Nesta edición, o obxectivo do concurso virará ao redor da promoción da cociña autóctona con especial atención á castaña e a través dos produtos gourmet e das materias primas galegas de calidade.
O certame reunirá as propostas máis novas e orixinais interpretadas a través de persoas cuxo papel na cociña é ben diferente. Poderemos degustar receitas de participantes que fan da cociña o seu modo de vida profesional. Tamén haberá espazo para todas aquelas iniciativas que, sen pertencer ao ámbito profesional, proceden de ámbitos ligadas á gastronomía ou teñen formación entre fogóns.
E finalmente, na sección afeccionados, gozaremos de pratos caseiros e de ideas que poderían formar parte do menú dunha familia. Aula Gastronómica Grupo Cuevas. Unha aula na que experimentar, degustar, sorprendernos e tamén na que aprender sobre alimentación equilibrada e diversa. Este é o espazo aberto a profesionais que propón Grupo Cuevas na 22ª celebración de Xantar e no que terán lugar diferentes showcookings, demostracións, degustacións, presentacións, talleres e conferencias que propoñerán ao visitante un achegamento non só á cociña de diferentes países convidados ao salón, senón tamén á cociña ourensá e galega desde a óptica máis tradicional á máis innovadora.
Tamén veremos neste espazo aos participantes do IX Concurso Gourmet Grupo Cuevas aplicar a castaña durante os pases de demostración en directo das receitas seleccionadas como finalistas polo xurado. Os gañadores desta edición poderán gozar de premios en forma de vales de compra que poderán trocar nos centros cash and carry, Cuevas Cash e na rede de supermercados “Gústame ir ao súper” formada polas marcas: Plenus e Aquié. Se queres participar, aínda estás a tempo. Consulta as bases na seguinte ligazón.
Ver cartel
Bases legais