Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS CEDEU O PROTAGONISMO DO SEU 150 ANIVERSARIO ÁS PERSONAS

20 noviembre, 2017

Non foi o último acto previsto por Grupo Cuevas para conmemorar o seu 150 aniversario este ano, pero si o máis participativo dos convocados ata a data. Ao redor dun milleiro de persoas asistiron á gala do pasado sábado día 18, no Auditorio de Ourense, ás 20 horas, na súa maioría convidadas expresamente pola relación directa ou indirecta que manteñen coa actividade do grupo, principalmente na comunidade galega, e tamén a nivel nacional e internacional.
Alcaldes e representantes municipais das localidades galegas que contan con tendas do grupo, provedores, empregados, colaboradores e autoridades conformaron a maior parte da relación de asistentes, aos que se sumou tamén unha representación de clientes do Grupo.
Destacados representantes da actividade cultural, económica, social, empresarial e política puideron ser vistos na gala, do mesmo xeito que as principais autoridades galegas e ourensás, encabezadas polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad.
Unha celebración que durante unha hora e media contou cun variado programa no que se mesturaron música, arte, recoñecementos, imaxes e discursos, así como un orixinal percorrido sonoro polos principais fitos do Grupo durante o último século e medio.
A gala foi conducida por unha brillante Luján Argüelles, premiada coa Antena de Ouro á mellor presentadora en 2009, e actualmente un dos rostros máis coñecidos da televisión por presentar en Cuatro o programa ““¿Quién quiere casarse con mi hijo?”.
Á conclusión, os asistentes gozaron dun espazo de degustación, no que se probaron elaboracións gastronómicas de profesionais seleccionados expresamente para a extraordinaria ocasión pola calidade das súas propostas culinarias.
Todos os asistentes levaron como lembranza un obsequio composto polo delicioso marron glacé e o catálogo resumo das obras participantes no I Concurso Ignacio de las Cuevas de Creatividade Artística.