Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS ADHÍRESE AO PROGRAMA MERCAPROXIMIDADE

16 abril, 2020

Mercaproximidade. Ese é o nome da nova canle de comercialización de produtos do sector primario posto en marcha pola Consellería do Medio Rural para dar saída ás producións de agricultores e gandeiros golpeados polo peche da hostalería, a suspensión das feiras ou a clausura dalgúns mercados municipais.
Os supermercados de Grupo Cuevas adhírense a este programa poñendo ao dispor dos clientes produtos dos agricultores e gandeiros que, pola súa banda, tamén se adhiran ao proxecto ofrecendo os seus produtos.
A idea non só é dar saída a estes produtos, a través da súa comercialización en supermercados senón que tamén busca dar a coñecer ao consumidor a orixe dos produtos que compra.
A apertura da canle irá acompañada dunha campaña informativa dirixida ao consumidor final para dar a coñecer aos produtores que a integran, ademais das empresas distribuidoras que colaboran.