Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

XA CHEGOU O 14º CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL PARA OS NENOS E NENAS DE PLENUS E AQUIÉ!

2 Maio, 2023

Nesta edición, queremos sacar a creatividade e a imaxinación de nosos peques no fondo do mar. A nosa mascota Floriposa e todos os seus amigos e amigas decidiron darse un mergullo na auga, e están a desexar coñecer os novos compañeiros de aventuras que os nenos e nenas dos nosos super van presentar, así como os distintos escenarios que se lles poden presentar entre as profundidades do océano. Participar é moi sinxelo! Pide unha lámina para debuxar no teu súper habitual e… A pintar! Prefires ir á praia na costa ou ás pozas naturais no interior? Coñeces que animais podes atopar no mar? Ensínanos todo o que saibas sobre o fondo mariño e divírtete debuxando con Floriposa. Tes ata o próximo 27 de maio para participar e conseguir unhas entradas para un Aquapark! Atopa toda a información do concurso nas bases legais que achegamos a continuación. Ver imaxe Consultar bases legais