UNHA EXPOSICIÓN DO GRUPO CUEVAS ENSINA A CONOCER AS MELLORES CASTAÑAS
20 Novembro, 2012
Dar a coñecer as principais variedades de castañas, as súas características, como identificalas e as súas calidades para os distintos usos culinarios, son algúns dos obxectivos da exposición organizada polo Grupo Cuevas nas súas tendas Aquié.
A mostra complétase con imaxes e lendas sobre as orixes do castiñeiro, receitas para cociñar coas castañas máis adecuadas, e unha sección coas achegas dalgúns dos mellores cociñeiros españois que participaron no Foro Castaña, entre eles Jordi Roca, Andrea Tumbarello, Pepe R. Rei ou Juan Mari Arzak.
A exposición inclúe unha detallada explicación do proceso seguido para a elaboración do mundialmente recoñecido marron glacé, ademais de todas as propostas que ofrece a ampla Liña Chef, desde Castañas en almíbar ata a Guarnición de castañas con ciruelas, piñones e cogomelos, para converter de modo fácil e nun minuto un prato básico noutro moi especial.
A iniciativa enmárcase dentro das iniciativas do Grupo Cuevas para dar a coñecer a castaña ourensá como marca de prestixio, e fomentar a súa presenza e o seu aprecio na gastronomía española. Os resultados deste labor reflíctense xa nas cartas dos restaurantes máis galardoados do país, onde a castaña foise introducindo de forma crecente, recomendándose nalgún caso pratos como Caza dos montes de Toledo con castaña de Ourense ou castaña de Cuevas.
A exposición estará aberta en Aquié Ourense e Aquié Porriño durante o mes de novembro.