TOMAMOS UN TÉ? MELLOR 3!
12 Marzo, 2019
Lembras a nosa campaña #SacaUnDezCadaDía? En Gústame ir ao Súper somos ben teimudos e queremos que teñas un sobresaliente. Por iso, agora, propómosche outro hábito diario que che vai mellorar a vida: 3 cuncas de té!
A partires desta semana, nos nosos supermercados Aquié, poderás descubrir grandes curiosidades sobre o mundo do té. Por exemplo, sabías que é a bebida máis consumida no mundo, despois da auga?
Ademais, nas exposicións terás ocasión de ver de perto as plantas de Camellia Sinensis, das que se obtén o té, e aprender outras moitas singularidades. Agardámoste!
Ver imaxe da exposición