SUPERMERCADOS AQUIE PRESENTES EN XANTAR
5 Febreiro, 2014
Do 5 ao 9 de febreiro ten lugar en Ourense, Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, unha feira que alcanza o seu décimoquinta edición e que consagra miles de persoas transformando o recinto de Expourense nun gran centro de restauración.
Un ano máis Grupo Cuevas estará presente coa súa marca de supermercados Aquié. O posto reproduce a sección QFH (Que Facemos Hoxe) presente nos supermercados desta cadea onde os clientes teñen un menú diferente cada día do ano.
No posto, os visitantes participarán nun estudo de mercado votando polo sándwich que mais lles guste entre 3 novas variedades. O máis votado porase á venda:
Suprema de touciño entrefebrado e berenxena
Mouse de cogomelos con polo
Imperial de marisco
Ademais, o posto contará cun show cooking en directo (de 12:30 a 16:30) onde os asistentes, ademais de ver como se preparan os pratos do QFH, poderán participar nun curioso xogo tratando de acertar cal é o prato preparado no momento e o prato rexenerado no microondas, deixando en evidencia que os pratos do QFH son totalmente naturais, sen conservantes nin colorantes.
Saber máis sobre a feira
Ver reportaxe TVG (minuto 33:00)
Oir entrevista Onda Cero