Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

RESULTADOS CUPÓN SOLIDARIO 2022

13 Decembro, 2022

Xa coñecemos os resultados das doazóns do cupón solidario que, entre todos, realizamos cada ano as catro fundacións que forman parte este 2022 do programa #SoydeGrupoCuevas: Asociación Española Contra o Cancro, Fundación Meniños, Cruz Vermella e o Banco de Alimentos de Ourense. Na enquisa, que recibistes hai uns días, preguntámosvos a quen queriades que doásemos por parte de Grupo Cuevas o equivalente ao 10% do cheque trimestral obtido coas compras nos supermercados Plenus e Aquié. Despois dun reconto de votos, os resultados son os seguintes: AECC: 49,35% dos votos. Fundación Meniños: 22,73% dos votos. Banco de Alimentos: 18,83% dos votos. Cruz Vermella: 9,09% dos votos. Grazas a colaboración de todos e todas a AECC poderé destinar a recadación á atención das necesidades básicas de manutención de decenas de pacientes oncolóxicos con carencias económicas. Doutra banda, a Fundación Meniños reforzará os seus programas de apoio psicosocial para poder axudar a todas as familias con nenos vulnerables na provincia de Ourense, mellorando as capacidades de crianza e o coidado dos seus fillos. Tamén o Banco de Alimentos destinará unha porcentaxe do recadado a máis de cen familias con alimentos infantís. Finalmente, Cruz Vermella poderá cubrir necesidades urxentes das familias ourensás, que necesitan alimentos e/o produtos de hixiene, entre outras.   Grazas por colaborar para poder poñer o noso gran de area! Ver imaxe