As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Zancos de polo con tomate

Zancos de polo con tomate

Información nutricional:

Kcal: 462,3
Proteínas: 38,1%
Hidratos de carbono: 13,0%
Lípidos: 48,9%

Ingredientes

  • 150 g zanco polo
  • 120 g salsa tomate
  • 50 g arroz
  • 50 g cebola
  • 40 mL caldo carne
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Poñer nunha pota con aceite a dourar o allo fileteado, engadir a cebola moi picada e refogar uns minutos. Incorporar a salsa de tomate, engadir o caldo de carne e deixar cocinar. Nunha tixola, fritir o polo sazonado e incorporar á salsa, deixar ao lume uns minutos máis e servir. Acompañar de arroz.

Vantaxes:
A carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B, tales como a niacina, piridoxina, roboflavina tiamina ou ácido fólico. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.