Xurelo ao forno con anchoas
Información nutricional:
Kcal: 439,2
Proteínas: 27,9%
Hidratos de carbono: 25,1%
Lípidos: 46,9%
Ingredientes
- 150 g xurelo
- 1 (100g) pataca
- 60 mL viño branco
- 25 g cebola
- 25 g tomate
- 10 g anchoa
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- colorante alimentario
- perexil
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Pochar nunha cazola con aceite, cebola, allo e tomate pelado e troceado. Unha vez cociñado colocar estas verduras nunha fonte de forno e enriba poñer os xurelo limpos e sazonados. Agregar o viño branco por ennriba co colorante introducir ao forno a 160ºC durante 15 min. Acompañar de pataca cocida e anchoas.
Vantaxes:
O xurelo clasifícase como peixe azul debido o seu contido en lípidos. Na súa composición destacan minerais como ferro, iodo e magnesio, e vitamina D que intervén na absorción e utilización de calcio e fósforo, e cobalamina que participa na maduración dos glóbulos vermellos e favorece a absorción de ferro.