As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Xurelo ao forno

Xurelo ao forno

Información nutricional:

Kcal: 375,5
Proteínas: 29,2%
Hidratos de carbono: 18,0%
Lípidos: 52,8%

Ingredientes

  • 150 g xurelo
  • 30 g cebola
  • 50 mL viño branco
  • 30 g pemento verde
  • 30 g pemento vermello
  • 1/2 (50 g) pataca
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • perexil

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar e filetear en dous lombos o peixe. Nunha placa de forno poñer a pataca pelada e cortada fina. Enriba os pementos e a cebola picados. Introducir no forno a 180ºC durante 10 min. Retirar do forno e colocar os filetes de xurelo salgados, enriba votar o viño branco e deixar no forno 10 min. máis.

Vantaxes:
O xurelo clasifícase como peixe azul debido o seu contido en lípidos. Na súa composición destacan minerais como ferro, iodo e magnesio, e vitamina D que intervén na absorción e utilización de calcio e fósforo, e cobalamina que participa na maduración dos glóbulos vermellos e favorece a absorción de ferro.