As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Xurelo á prancha con patacas e pementos

Xurelo á prancha con patacas e pementos

Información nutricional:

Kcal: 330,8
Proteínas: 31,0%
Hidratos de carbono: 28,0%
Lípidos: 741,0%

Ingredientes

  • 150 g xurelo
  • 1 (100g) pataca
  • 10 g cebola
  • 10 g pemento verde
  • 10 g pemento vermello
  • 15 g tomate
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • perexil
  • loureiro

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer as patacas en rebandas acompañadas dos pementos, cebola, tomate (cortado todo en xuliana), sal e loureiro. Limpar os xurelos e filetear. Marcar na prancha. Colocar enriba das patacas e verduras escorridas.

Vantaxes:
O xurelo clasifícase como peixe azul debido ó seu contido en lípidos. Na súa composición destacan minerais como ferro, iodo e magnesio, e vitamina D, que intervén na absorción e utilización de calcio e fósforo, e cobalamina, que participa na maduración dos glóbulos vermellos e favorece a absorción de ferro.
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite, ademais é aconsellable o seu consumo, debido á súa acción diurética e depuradora.