As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Xurelo á bilbaína

Xurelo á bilbaína

Información nutricional:

Kcal: 379,6
Proteínas: 27,1%
Hidratos de carbono: 25,6%
Lípidos: 47,4%

Ingredientes

  • 150 g xurelo
  • 1 (100g) pataca
  • 2 dentes (10g) allo
  • vinagre
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • caiena
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar, quitar a pel e cortar os xurelos en filetes e marcalos na prancha volta e volta. Separadamente, nunha tixola dourar o allo fileteado coa caiena. Cando estea dourado retirar do lume e engadir o vinagre. Verter sobre o peixe cubrir de perexil e meter ao forno 10-15 min. Acompañar de pataca cocida.

Vantaxes:
O xurelo clasifícase como peixe azul debido ó seu contido en lípidos. Na súa composición destacan minerais como ferro, iodo e magnesio, e vitamina D, que intervén na absorción e utilización de calcio e fósforo, e cobalamina, que participa na maduración dos glóbulos vermellos e favorece a absorción de ferro.