Xarda ó forno con verduras
Información nutricional:
Kcal: 459
Proteínas: 22,6%
Hidratos de carbono: 29%
Lípidos: 48,4%
Ingredientes
- 150 g xarda
- 50 g cabaciño
- 1 grande (120g) pataca
- 1/4 (30 g) pemento vermello
- 1/4 (30 g) cebola
- 1/2 (30 g) cenoria
- 20 g porro
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 15 a 20 minutos
Limpar a xarda e fileteala. Lavar e cortar as verduras en tiras. Refogar as verduras en aceite e poñer nunha placa de forno a 180ºC durante aproximadamente 10 minutos. Dourar os filetes de xarda na prancha, volta e volta, e colocar sobre as verduras. Introducir no forno 5 minutos e servir.
Vantaxes:
A xarda é un peixe azul, e como tal é fonte moi importante de ácidos graxos omega-3. Estes ácidos axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular.
Este peixe contén proteínas de gran valor biolóxico, vitaminas do grupo B (pero en menor proporción que noutros alimentos), e debido ó seu contido en graxa, presenta excelentes niveis de vitaminas liposolubles (A, D, E). En canto ós minerais destacan o potasio, fósforo, iodo, magnesio, ademais do ferro (aínda que en menor medida que nas carnes).
Inconvenientes:
O inconveniente da xarda é o seu contido en purinas, que o organismo transforma en ácido úrico, polo que se desaconsella en caso de hiperuricemia ou gota.