Verduras ao vapor ás finas herbas
Información nutricional:
Kcal: 148,9
Proteínas: 10,3%
Hidratos de carbono: 29,6%
Lípidos: 60,0%
Ingredientes
- 50 g coliflor
- 50 g cenoria
- 50 g porro
- 50 g cabaciño
- 20 g chícharos
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- ceboliño
- perexil
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Limpar e cortar as hortalizas en anacos grandes 2-3 cm de lado. Cocer por separado e poñer nunha bandexa de forno. Facer un rustrido co aceite e o allo, e verter sobre as verduras sen romper. Cubrir coas herbas.
Vantaxes:
Neste prato combínanse diversas verduras, cabaciño, cenoria, coliflor, chícharos e porro, que aportan ao organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte aos radicais libres que provocan o envellecemento celular.