As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Verduras ao forno con xamón serrano e queixo gratinado

Verduras ao forno con xamón serrano e queixo gratinado

Información nutricional:

Kcal: 253,3
Proteínas: 14,8%
Hidratos de carbono: 19,7%
Lípidos: 65,5%

Ingredientes

  • 80 g cabaciño
  • 55 g pemento verde
  • 55 g pemento vermello
  • 50 g porro
  • 15 g xamón serrano
  • 10 g queixo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar os cabaciños en rebandas finas, cubrir con sal e deixar 15 minutos para que solten auga, e secar. Lavar e cortar en tiras grosas os pementos e o porro. Untar lixeiramente as verduras cun pincel mollado en aceite de oliva, cubrir cun pouco de sal e colocar na bandexa do forno e introducir ao forno precalentado a 170ºC durante 15 minutos. Unha vez asadas as verduras cubrir con queixo relado por enriba delas e acompañar cuns cuadrados de xamón serrano. Deixar no forno ata que se gratinen lixeiramente.

Vantaxes:
Neste prato combínanse diversas verduras, cabaciño, pemento verde e vermello e porro, que aportan ao organismo importantes cantidades de vitaminas del grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, hierro o calcio, entre otros. Presentan substancias con un elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte os radicais libres que provocan o envellecemento celular.