Torta de Santiago
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 32 g Améndoa torrada
- 20 g Azucre
- 15 g Fariña
- 18 g Ovo
- 2 g Fermento
- 4 g Manteiga
- 0 g Rela de limón
Instruccións
Para facer a masa mesturamos o azucre e os ovos. Batemos enerxicamente ata conseguir unha textura esponxosa. Engadimos a fariña e a manteiga e batemos todo ben. Finalmente, agregamos as améndoas moídas e a casca dun limón relada. Botamos nun recipiente para enfornar a temperatura alta e cando colla cor retirámola. Se se desexa pódeselle esparexer azucre glass.
Como o seu propio nome indica, esta torta ten a súa orixe en Santiago de Compostela. O ingrediente principal desta torta é a améndoa moída. Hai constancia da súa existencia no século XVI e entón chamábase torta real. A característica cruz que a adorna na súa superficie é moi posterior. Na primeira metade do século XX, a compostelá Casa Mora comeza a adornala con esta cruz. A súa compoñente principal, a améndoa, é un froito seco moi recomendable debido ao seu gran contido en proteínas. Tamén é rico en graxas, a maior parte delas insaturadas que nos axudan a manter controlados os niveis de colesterol. Ten un alto valor enerxético polo que as persoas obesas ou aquelas que estean a seguir unha dieta de control de peso deben ter especial coidado.