As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Torta de Mondoñedo

Torta de Mondoñedo

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 40 g Améndoa torrada
  • 38 g Azucre
  • 15 g Cabaza
  • 1 g Canela
  • 20 g Fariña
  • 20 g Ovo
  • 2 g Manteiga
  • 170 g Masa follada
  • 0 g Rela de limón

Instruccións

Para comezar a elaboración da torta mesturamos o ovo coa fariña e engadímoslle auga morna. Amasamos ben e deixámola un tempo de repouso. Despois agregamos a manteiga e traballamos a masa cun rolo. Distribuímos a masa no recipiente onde faremos a torta ata cubrilo ben. Facemos un xarope con auga e medio quilo de azucre ao que engadimos a rela dun limón, a canela e a améndoa torrada. Deixamos facer 10 min ao lume e, despois, empapamos o biscoito con este xarope. A base da torta será unha masa de follado, despois colocamos o biscoito, enriba deste poñemos o cabelo de anxo. Para elaborar o cabelo de anxo cortamos a cabaza en anacos e poñémolos a cocer en auga ata que se abrande. Retiramos para que se arrefríe, esprememos e volvemos cocer para, posteriormente, coar a cabaza e que perda a auga. Poñemos nunha cazola a mesma cantidade de azucre que de cabaza, canela e auga. Cocemos ata alcanzar o punto de febra. Dispoñemos as capas na torta, primeiro de cabelo de anxo, despois de améndoa en xarope e rematamos cunha de améndoa picada. Decoramos e metemos ao forno durante unha hora e media. Ao rematar de enfornar se se desexa decórase, a parte superior, con froitas confeitadas.

A orixe da torta de Mondoñedo remóntase á época do medievo cando uns monxes prepararon un banquete para a raíña dona Hurraca. Crese que a torta era moito máis sinxela que a actual. A famosa torta non a facían os campesiños senón a xente da cidade. Nas casas opulentas e nas dozarías rivalizaban para servila a bispos, cardeais ou cando Afonso XIII visitou a vila luguesa.