As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Torradas de Nadal

Torradas de Nadal

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 12 g Azucre
  • 2 g Canela
  • 18 g Ovo
  • 80 g Leche semidesnatado
  • 5 g Limón
  • 50 g Pan

Instruccións

Cortamos o pan en rebandas e mollámolo en ovo batido. A continuación, fritimos en aceite as rebandas ata que adquiran un ton dourado. Á parte, cocerase o leite xunto coa canela e coa pel dun limón. Cando comece a ferver botamos azucre, retiramos do lume e vertemos sobre as torradas que están nun cazo. Déixase ferver todo xunto e, rapidamente, retírase.

A orixe das torradas en España remóntase á época dos romanos. No século XV menciónanse e no século XVII recóllense as primeiras receitas sobre a preparación de torradas que se describen como un doce pensado para as mulleres parturientes, no só para degustalas en Nadal, de feito, ata non hai moitos anos en Madrid vendíanse durante todo o ano, sobre todo nas tabernas. Esta sobremesa contén hidratos de carbono, proteínas de elevado valor biolóxico, ferro e calcio.