Tomate gratinado
Información nutricional:
Kcal: 216,2
Proteínas: 23,4%
Hidratos de carbono: 7,7%
Lípidos: 68,9%
Ingredientes
- 150 g tomate
- 20 g xamón cocido
- 20 g queixo relado
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- ourego
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Lavar os tomates e cortarlle a parte superior e inferior e logo ao medio para que asenten na bandexa. Poñerlle un pouco ourego, sal e aceite. Metelos ao forno 175ºC, 5 minutos. A continuación, colocarlles enriba unha loncha de xamón e outra de queixo cortadas en cadrado pero que non excedan o diámetro do tomate. Meter ao forno 5 min. Poñer un pouco de ourego na superficie.
Vantaxes:
O principal beneficio do tomate radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes no envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais contén potasio, magnesio e fibra; e vitaminas do grupo B e vitamina C.