Tenreira refogada con arroz
Información nutricional:
Kcal: 457,1
Proteínas: 38,6%
Hidratos de carbono: 20,6%
Lípidos: 40,7%
Ingredientes
- 150 g tenreira tapa
- 1/2 vaso (100mL) caldo carne
- 50 g arroz
- 40 g salsa tomate
- 30 g pemento vermello
- 30 g pemento verde
- 10 g chícharos
- 1 dente (4g) allo
- 30 g cenoria
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- colorante alimentario
- perexil
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Nun wok ou tixola refogar en aceite a tenreira cortada en tiras e reservar. Nunha cazola refogar o allo e as verduras, engadir a carne e o tomate. Cubrir con caldo de carne e deixar cocer. Engadir os chícharos cocidos case ao final. Acompañar dun arroz coloreado ao forno.
Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.