As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Tenreira guisada con verduras

Tenreira guisada con verduras

Información nutricional:

Kcal: 548,8
Proteínas: 24,5%
Hidratos de carbono: 26,1%
Lípidos: 49,4%

Ingredientes

  • 140 g tenreira (cuarto dianteiro)
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100 mL) auga
  • 50 g salsa tomate
  • 60 mL viño branco
  • 30 g cebola
  • 30 g cenoria
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g pemento verde
  • 20 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar a carne en anacos non moi grandes, salgar e dourar nunha tixola cun pouco de aceite moi quente. Pasar a unha pota. Nesa tixola dourar as verduras picadas en dados non moi pequenos. Engadir viño á carne e deixar reducir. Engadir as verduras e a salsa de tomate. Mollar co caldo e cocer ata que a carne estea tenra. Cortar as patacas e dados e fritir lixeiramente para engadir ó final á carne.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.