Tenreira estufada con tomates cherry
Información nutricional:
Kcal: 543,5
Proteínas: 32,4%
Hidratos de carbono: 24,0%
Lípidos: 43,6%
Ingredientes
- 150 g tenreira tapa
- 1 (100g) pataca
- 60 g tomate cherry
- 50 mL caldo carne
- 40 g cebola
- 20 g cenoria
- 10 mL brandy
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- loureiro
- pementa
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: Más de 1 hora minutos
Cortar a carne en anacos, salpementar e dourar. Retirar. Nese mesmo aceite pochar a cebola e a cenoria, cando a verdura comece a dourarse engadir o brandy e flambear. Incorporar o caldo e cociñar unha hora aproximadamente. Antes de finalizar a cocción engadir as patacas previamente douradas en aceite. Lavar os tomates, fritilos nun pouco de aceite, e sazonarlos con sal.
Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.