As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Tenreira en salsa de cenoria e tomate

Tenreira en salsa de cenoria e tomate

Información nutricional:

Kcal: 478
Proteínas: 34,3%
Hidratos de carbono: 18,2%
Lípidos: 47,6%

Ingredientes

  • 150 g tenreira guisar
  • 80 g pataca
  • 50 g tomate
  • 50 mL caldo carne
  • 30 g cenoira
  • 40 g cebola
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar a tenreira en anacos e refogala. Cortar a cebola, a cenoria, e o tomate pelado. Agregar á tenreira, engadir o caldo de carne e deixar cocinar. Cando todo estea cocido, rectificar de sal e engadir pementa. Deixar ata que se converta nunha salsa. Acompañar de patacas fritas cortadas en dados.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.