As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Tenreira asada ao viño tinto

Tenreira asada ao viño tinto

Información nutricional:

Kcal: 535,1
Proteínas: 35,4%
Hidratos de carbono: 25,3%
Lípidos: 39,3%

Ingredientes

  • 150 g tenreira tapa
  • 100 mL viño tinto
  • 100 mL caldo carne
  • 50 g arroz
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa negra en gran
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar a tenreira en anacos grandes, dourar nunha pota. Engadir o viño tinto ata reducir o alcohol. Ligar con fariña e engadir o caldo de carne. Introducir ao forno ata completar a súa cocción. Acompañar de arroz branco ao forno.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.