As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Tenreira asada

Tenreira asada

Información nutricional:

Kcal: 534,3
Proteínas: 25,6%
Hidratos de carbono: 28,4%
Lípidos: 46,0%

Ingredientes

  • 150 g tenreira guisar
  • 1 (100g) pataca
  • 100 mL caldo carne
  • 50 g cenoria
  • 40 g porro
  • 40 g cebola
  • 40 g pemento vermello
  • 30 g salsa tomate
  • 30 mL viño branco
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Más de 1 hora minutos

Cortamos as hortalizas en dados grandes e colocamos na placa de forno con aceite, dispoñemos a carne enriba, previamente salpementada e introducimos ao forno a 170º, á metade de cocción regamos con viño branco, fornear aproximadamente 1 hora. Para a elaboración das patacas: facer unhas patacas fervidas en caldo de carne, salsa de tomate e un pouco de colorante para obter a cor amarela.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.