As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Solombo de porco con mazá

Solombo de porco con mazá

Información nutricional:

Kcal: 671,9
Proteínas: 26,9%
Hidratos de carbono: 17,5%
Lípidos: 55,6%

Ingredientes

  • 150 g solombo de porco
  • 1/2 vaso (100mL) caldo carne
  • 50 g arroz
  • 50 g mazá
  • 30 g cebola
  • 10 g uvas pasas
  • 10 g nata
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar o solombo e cortar os medallóns. Facer a salsa refogando o allo e a cebola en aceite. Engadir a mazá pelada sen corazón e cubrir co caldo. Cocer 10 minutos e pasar por túrmix e chinés. Engadirlle unhas pasas á salsa e un pouco de nata. Marcar a carne na prancha e cubir coa salsa. Acompañar de arroz branco ao horno.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.