As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Sardiñas en escabeche

Sardiñas en escabeche

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 3 g Fariña
  • 0.5 g Loureiro
  • 0.5 g Pemento doce
  • 90 g Sardiña
  • 0.5 g Tomiño
  • 10 g Vinagre

Instruccións

Rebozamos en fariña e fritimos as sardiñas, despois reservámolas nunha fonte de barro. Preparamos un refogado co aceite da fritura anterior (se o desexamos) para o que empregaremos allos, tomiño, loureiro, pemento e vinagre. Bañamos coa mestura as sardiñas da cazola e servimos a temperatura ambiente.

A carne da sardiña é escura, máis ben graxa e saborosa. A sardiña é o peixe que máis cantidade de vitamina A e D contén. Unha forma de preparación habitual é en escabeche ou enlatada. É fonte de calcio e fósforo e pódese presentar como prato principal ou entremés.