Sardiñas á santanderina
Información nutricional:
Kcal: 414,9
Proteínas: 31,8%
Hidratos de carbono: 28,3%
Lípidos: 39,9%
Ingredientes
- 150 g sardiñas
- 1 (100g) pataca
- 10 g pan relado
- 2 dentes (10g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- perexil
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Picar o allo e o perexil nun mortero, engadir o pan relado e mesturar todo. Limpar as sardiñas quitándolles a espina e a pel. Restregalas de sal e engadir aceite cru. Rebozar coa mestura do mortero. Colocar as sardiñas nunha fonte de forno untada de aceite e introducir no forno quente aproximadamente uns 20 minutosn a 180ºC. Acompañar de pataca cocida.
Vantaxes:
A sardiña é un peixe azul ou graso. Destaca pola calidade da súa grasa, principalmente ácidos grasos omega-3, polo seu elevado contido proteico e pola variedade de vitaminas e minerais. Entre as vitaminas atópanse algunhas do grupo B (B1, B3 e B12) e cantidades significativas de vitaminas liposolubles como a vitamina A, D e E. En canto aos minerais, a sardiña contén fósforo, calcio, magnesio, potasio, ferro, zinc e iodo.