As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Salmón con velouté de espárragos

Salmón con velouté de espárragos

Información nutricional:

Kcal: 483
Proteínas: 35,8%
Hidratos de carbono: 24,9%
Lípidos: 39,3%

Ingredientes

  • 150 g salmón
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 1 (100g) pataca
  • 50 g espárrago verde
  • 30 g cebola
  • 30 g porro
  • 15 g espárrago branco
  • 1 dente (5g) allo
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Preparar a salsa: refogar en aceite o allo e cebola picados sen que tome cor. Engadir un pouco de fariña, cando coza un pouco cubrir co caldo de peixe e os espárragos verdes. Triturar e pasar por chinés. Introducir o salmón en supremas nunha cazola de barro e cubrir coa salsa. Meter no forno 10 minutos. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas e un espárrago branco.

Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.

Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.