Salmón con gambas
Información nutricional:
Kcal: 532,5
Proteínas: 40,2%
Hidratos de carbono: 22,1%
Lípidos: 37,7%
Ingredientes
- 150 g salmón
- 1 (100g) pataca
- 100 mL caldo peixe
- 50 g gambas
- 60 g cebola
- 5 g fariña
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Limpar o peixe e cortar en lombos. Se sazona con sal e marca lixeiramente na prancha. Facer a salsa velouté: refogar a fariña no aceite sen que se torre e engadir o caldo de peixe quente. Salgar, debe quedar como unha bechamel lixeira. Engadir as gambas. Cocer pataca en rebandas separadamente e colocar o salmón sobre a pataca e cubrir coa salsa.
Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.
Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.