Salmón ao forno con salsa
Información nutricional:
Kcal: 487,9
Proteínas: 36,2%
Hidratos de carbono: 22,1%
Lípidos: 41,7%
Ingredientes
- 150 g salmón
- 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
- 1 (100g) pataca
- 50 mL viño branco
- 30 g cebola
- 10 g pemento vermello
- 10 g pemento verde
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- colorante alimentario
- perexil
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Limpar o peixe e cortar en supremas. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras picadas e o viño, e introducir en horno 15 minutos a 175ºC. Marcar o salmón á prancha, colocalo enriba das patacas, rociar co aceite de oliva, deixar 10 minutos máis engadindo caldo de peixe coloreado. Retirar do forno. Decorar con perexil.
Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.
Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.