As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Salmón ao forno

Salmón ao forno

Información nutricional:

Kcal: 363,3
Proteínas: 30,5%
Hidratos de carbono: 15,5%
Lípidos: 54,0%

Ingredientes

  • 150 g salmón
  • 50 g pataca
  • 50 mL viño branco
  • 10 g pemento vermello
  • 10 g pemento verde
  • 30 g cebola
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar o peixe e cortalo en lombos sen espiña. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras picadas e o viño, e introducir en forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe, con sal, enriba das patacas, rociar co aceite de oliva deixar e 10 minutos máis. Se quedan secas as patacas engadir un pouco de auga. Retirar do forno. Decorar con perexil.

Vantaxes:
O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, melloran a función cardíaca e reducen o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.

Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.