As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Rosada en salsa verde

Rosada en salsa verde

Información nutricional:

Kcal: 405,6
Proteínas: 43,4%
Hidratos de carbono: 29,5%
Lípidos: 27,1%

Ingredientes

  • 150 g rosada
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 30 g cebola
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 10 g espárrago branco
  • 5 g fariña
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Preparar unha salsa verde: refogar en aceite o allo e a cebola picados sen que tomen cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 min e engadir perexil picado. Cocer a rebanda de rosada 5 minutos ao vapor e cubrir coa salsa deixando cocer outros 5 minutos máis. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas, chícharos e espárrago branco.

Vantaxes:
A rosada é un peixe branco, e como tal presenta un baixo contido graxo. Ademais é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B. Pero, a cantidade destas vitaminas non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.