As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Robaliza ó forno

Robaliza ó forno

Información nutricional:

Kcal: 357,5
Proteínas: 36,0%
Hidratos de carbono: 31,0%
Lípidos: 33,1%

Ingredientes

  • 150 g robaliza
  • 1 (100g) pataca
  • 30 g cebola
  • 30 g pemento vermello
  • 30 g pemento verde
  • 50 mL viño branco
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar o peixe e filetear en dous lombos. Nunha placa de forno poñer a pataca pelada e cortada fina. Encima os pementos e cebola picados. Introducir no forno a 180º C durante 10min. Sacar do forno e colocar os filetes salgados encima, poñer o viño branco e deixar no forno 10 minutos máis.

Vantaxes:
A robaliza é un peixe branco, cun aporte de lípidos moi baixo. Isto ligado ó subministro de proteínas de alto valor biolóxico, fai deste peixe un dos alimentos con maior valor nutritivo. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, capaces de regular o aproveitamento dos nutrientes enerxéticos. Aporta minerais como potasio, fósforo, ferro, sodio e magnesio, substancias que interveñen na regulación do sistema nervioso, a actividade muscular, o equilibrio de auga na célula, formación de ósos e dentes, procesos de obtención de enerxía e sistema dixestivo.