As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Robaliza ao Ribeiro

Robaliza ao Ribeiro

Información nutricional:

Kcal: 374,8
Proteínas: 45,2%
Hidratos de carbono: 31,5%
Lípidos: 23,3%

Ingredientes

  • 150 g robaliza
  • 1 (100g) pataca
  • 60 mL caldo peixe
  • 60 mL Ribeiro
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar a robaliza e filetear. Sazonar con sal e marcar lixeiramente na prancha. Facer a salsa de Ribeiro: refogar a fariña no aceite sen que se queime e engadir o caldo de peixe quente e o Ribeiro fervido (para que lle marche o alcol). Salgar. Debe quedar como unha bechamel lixeira pero máis escura. Cocer a pataca en rebandas á parte e colocar a robaliza sobre a pataca e cubrir coa salsa. Cubrir con perexil.

Vantaxes:
A robaliza é un peixe branco, cun aporte de lípidos moi baixo. Isto, ligado ó subministro de proteínas de alto valor biolóxico, fai deste peixe un dos alimentos con maior valor nutritivo. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, capaces de regular o aproveitamento dos nutrientes enerxéticos. Aporta minerais como potasio, fósforo, ferro, sodio e magnesio, substancias que interveñen na regulación do sistema nervioso, na actividade muscular, no equilibrio de auga na célula, na formación de ósos e dentes, nos procesos de obtención de enerxía e no sistema dixestivo.