Robaliza á sidra
Información nutricional:
Kcal: 360,4
Proteínas: 43,8%
Hidratos de carbono: 33,6%
Lípidos: 22,6%
Ingredientes
- 150 g robaliza
- 1 (100g) pataca
- 60 mL caldo peixe
- 60 mL sidra
- 6 g fariña
- 1 cullerada (6mL) aceite oliva
- perexil
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Limpar e filetear a robaliza. Sazonar con sal e marcar lixeiramente á prancha. Facer a salsa de sidra: refogar a fariña en aceite sen que se queime e engadir o caldo de peixe quente e a sidra fervida (para que marche o alcol). Salgar. Debe quedar coma unha bechamel lixeira. Cocer a pataca en rebandas á parte. Colocar a robaliza enriba da pataca e cubrir coa salsa. Cubrir con perexil.
Vantaxes:
A robaliza é un peixe branco, cun aporte de lípidos moi baixo. Isto ligado ó subministro de proteínas de alto valor biolóxico, fai deste peixe un dos alimentos con maior valor nutritivo. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, capaces de regular o aproveitamento dos nutrientes enerxéticos. Aporta minerais como potasio, fósforo, ferro, sodio e magnesio, substancias que interveñen na regulación do sistema nervioso, a actividade muscular, o equilibrio de auga na célula, formación de ósos e dentes, procesos de obtención de enerxía e sistema dixestivo.