Repolo refogado con chourizo
Información nutricional:
Kcal: 220,7
Proteínas: 19,0%
Hidratos de carbono: 27,0%
Lípidos: 53,9%
Ingredientes
- 125 g repolo
- 50 g pataca
- 25 g chourizo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Poñer a quentar nunha pota auga abundante con sal e cando comece a ferver introducir o repolo limpo cortado en anacos non moi pequenos. A pataca é mellor cocela a parte para que non se rompa ao ir en rebandas. Mentres, preparar un rustrido co aceite e o chourizo en rebandas finas. Cando todo estea cocido, escorrer o auga e servir as patacas debaixo do repolo e o rustrido enriba.
Vantaxes:
O repolo destaca pola elevada presenza de auga na súa composición. Este alimento aporta ó organismo potasio, magnesio, calcio e vitaminas. Contén boas cantidades de fibra e hidratos de carbono, fundamentais para a recuperación de enerxía e resistencia físicas. Ademais, o repolo presenta betacaroteno ou provitamina A, vitamina C, E, niacina e folatos. A transformación do betacaroteno en vitamina A axuda á visión, ó bo estado das mucosas, cabelo, pel, ósos e ó bo funcionamento do sistema inmunolóxico.
Inconvenientes:
Aínda que presenta proteínas de gran valor biolóxico, debemos moderar o consumo de chourizo debido ó seu alto contido enerxético e graxo.