As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Repolo con garavanzos e chourizo

Repolo con garavanzos e chourizo

Información nutricional:

Kcal: 307,3
Proteínas: 11,8%
Hidratos de carbono: 30,4%
Lípidos: 57,8%

Ingredientes

  • 40 g repolo
  • 40 g pataca
  • 24 g garavanzos
  • 20 g chourizo caseiro
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Quentar nunha pota auga abundante con sal. Cando comece a ferver, introducir os garavanzos (previamente remollados 12h en auga amornada con sal). Ó cabo de media hora, engadir o repolo limpo cortado en dados, a pataca e o chourizo. Cando todo estea cocido, escorrer a auga e servir quente, cun chorriño de aceite.

Vantaxes:
O repolo destaca pola elevada presenza de auga na súa composición. Este alimento aporta ó organismo potasio, magnesio, calcio e vitaminas. Contén boas cantidades de fibra e hidratos de carbono, fundamentais para recuperación de enerxía e resistencia física. Ademais, o repolo presenta betacaroteno ou provitamina A, vitamina C, E, niacina e folatos. A transformación do betacaroteno en vitamina A axuda á visión, ó bo estado das mucosas, cabelo, pel, ósos e ó bo funcionamento do sistema inmunolóxico.

Inconvenientes:
Aínda que presenta proteínas de gran valor biolóxico, debemos moderar o consumo de chourizo debido ó seu alto contido enerxético e graxo.