Repolo con garavanzos e bacon
Información nutricional:
Kcal: 334,7
Proteínas: 12,0%
Hidratos de carbono: 33,8%
Lípidos: 54,3%
Ingredientes
- 50 g repolo
- 50 g pataca
- 30 g garavanzos
- 20 g bacon
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Poñer a quentar nunha pota auga abundante con sal e cando comece a ferver introducir os garavanzos (previamente remollados 12 horas en auga templada con sal). Ao cabo de media hora, engadir o repolo limpo cortado en dados e a pataca. Cando todo estea cocido, escorrer o auga. Facer un rustrido co bacon no aceite podendo engadir un pouco pementón. Mesturar o rustrido cos garavanzos e servir.
Vantaxes:
O repolo destaca pola elevada presenza de auga na súa composición. Este alimento aporta ó organismo potasio, magnesio, calcio e vitaminas. Contén boas cantidades de fibra e hidratos de carbono, fundamentais para a recuperación de enerxía e resistencia físicas. Ademais, o repolo presenta betacaroteno ou provitamina A, vitamina C, E, niacina e folatos. A transformación do betacaroteno en vitamina A axuda á visión, ó bo estado das mucosas, cabelo, pel, ósos e ó bo funcionamento do sistema inmunolóxico.