As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Refogado vexetal

Refogado vexetal

Información nutricional:

Kcal: 220,7
Proteínas: 16,1%
Hidratos de carbono: 38,9%
Lípidos: 43,0%

Ingredientes

  • 150 g espinacas
  • 80 g pataca
  • 40 g porro
  • 20 g cenoria
  • caiena
  • perexil
  • pementa
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar as espinacas e reservar. Pelar a cenoria e o porro e cortalos en bastóns grosos. Nunha pota cocer as espinacas e escorrer, separadamente nunha paelleira refogar en aceite a cenoria co porro, unha vez listos verter sobre a espinaca, refogar e servir.

Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.

Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese máis facilmente ca o vexetal. Polo tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.