As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Refogado de setas con gambas

Refogado de setas con gambas

Información nutricional:

Kcal: 133,1
Proteínas: 35,6%
Hidratos de carbono: 19,6%
Lípidos: 44,8%

Ingredientes

  • 120 g setas
  • 40 g gambas
  • 3 dentes (20 g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • caiena
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Quentar o aceite, engadir o allo picado e caiena. Engadir as setas e ao cabo de 5 min as gambas. Deixar un minuto máis e servir cubrindo de perexil. Como suxestión engadir un par de ovos e remover ata callar convertendo o prato en revolto.

Vantaxes:
As setas conteñen un 90% de auga, hidratos de carbono e fibra, polo que se recomendan en dietas de adelgazamento. Son ricas en vitaminas do grupo B, potasio, fósforo, iodo, calcio, e outras substancias beneficiosas para o organismo.
Recoméndase o consumo de porro polo seu alto contido en sales minerais (potasio, fósforo e calcio). Ademais é aconsellable cando se padece de reuma e anemia, e é un gran axente depurativo para o sangue.